Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-4/2000).

O Pleno do concello, en sesión realizada o día 15 de abril de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Rectifica-los seguintes erros materiais detectados nos dous primeiros parágrafos do artigo 3.2º.2 das normas urbanísticas do Plan Especial de Protección e Recuperación do Castro de Elviña e Protección da Paisaxe Natural, aprobado polo Pleno do Concello da Coruña en sesión realizada con data do 12 de novembro de 2001. A saber:

-Parágrafo primeiro do artigo 3.2º.2. Rectifícase a referencia plano número 0.3 pola referencia plano número 0.5.

-Parágrafo segundo do artigo 3.2º.2. Rectifícase a denominación Anexo II pola denominación Plan de etapas.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Notifica-lo presente acordo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural así como á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso administrativo, será de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación ou, noutro caso, e de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición».

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 26 de abril de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo