Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica resolución dictada en relación co expediente 32-P-0011/92, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado Juan Carlos Martín Marcos, representante da empresa Promociones Inmobiliarias de Valdeorras, S.A. (r/ Remedios, 53-5º en Ourense), sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ós interesados Promociones Inmobiliarias de Valdeorras, S.A. e o seu representante Juan Carlos Martín Marcos a resolución de caducidade do procedemento e arquivo das actuacións do expediente de referencia de acordo co establecido no artigo 92 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada

ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

«Examinado o expediente de referencia e tendo en conta os seguintes,

Feitos.

1. O día 13 de outubro de 1995 deuse entrada no rexistro desta delegación provincial á petición citada máis arriba. Ó non reuni-los requisitos esixidos pola normativa de aplicación, o solicitante foi requirido para que, nun prazo de dez días, achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, procedéndose ó seu arquivo.

2. Requirido o 6 de novembro de 1995, o peticionario deixou pasa-lo prazo de dez días sen presenta-los documentos demandados indispensables para prosegui-la tramitación.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-Esta delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo é competente para resolve-lo presente expediente, en virtude do disposto no artigo 2 do Decreto 345/1998.

Segundo.-No artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (no sucesivo, LRXPAC) establécese que, de non achegarse a documentación requirida no prazo previsto, se resolverá o expediente por desestencia do seu peticionario.

Esta delegación provincial

ACORDA

Dar por rematado o procedemento, ó caduca-la instancia do interesado pola falta de emenda das deficiencias detectadas na solicitude, considerándoo desistido da súa petición, de conformidade co establecido no artigo 71 da LRXPAC.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 107 da LRXPAC, modificada pola Lei 4/1999.

Ourense, 27 de marzo de 2002. Delegado provincial do IGVS en Ourense. Asdo.: José Elier Ojea Ureña».

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 6 de maio de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo de Ourense