Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 811, 819 e 848/2001.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas

que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 811/01.

Acta nº: 1363/01.

Titular: Playamar, Servicios Hosteleros, S.L.

NIF/DNI: B-15698947.

Enderezo: Ernesto Che Guevara, 115. Oleiros.

Materia: traballo.

Data res.: 16-4-2002.

Sanción: 301,11 A.

Feitos: con data 7-11-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos arts. 5 e 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, en relación coa non comparecencia da empresa ante a Inspección e coa non achega da documentación requirida, o que constitúe unha obstrucción ó labor inspector.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 50.2º e 39 e 40 do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 819/01.

Acta nº: 1420/2001.

Titular: Arteprom, S.L.

NIF/DNI: B-15326390.

Enderezo: Otero Pedraio, 1. Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 16-4-2001.

Sanción: 1.803,64 A.

Feitos: con data 8-11-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración do art. 9 f) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, en relación coa falta de sinalización que impedía o paso de persoas alleas a unha obra na r/ Reconquista (Arteixo).

Tipificación: falta grave, tipificada e sancionable de conformidade cos art. 12.13º e 39 e 40, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Na obra tampouco había libro de incidencias para o control e seguimento do plano de seguridade.

Tipificación: falta leve, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 11.5º e 39 e 40 do R.d.l. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 848/01.

Acta nº: 1523/01(I).

Titular: Construcciones Landro, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15630296.

Enderezo: República del Salvador, 32-5º C. Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 23-4-2001.

Sanción: 1.503,13 A.

Feitos: con data 29-11-2001 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social emitiu acta de infracción contra a empresa da referencia, por vulneración dos artigos 3 b), da parte C do anexo IV, do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; art. 193 da O.M. do 28-8-1970; en relación coa falta de proteccións colectivas e individuais na obra de construcción sita no campus universitario de Elviña-parcela 4 (A Coruña), o que provocou a caída de Antonio Miras García desde unha altura de 6,5 metros, causando a súa morte.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.16º e 40.2º b), respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Apréciase responsabilidade solidaria da emrpresa principal José Malvar Construcciones, S.A., en aplicación do art. 42.3º do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 9 de maio de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña