Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (551/2001).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 551/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento: xuízo de faltas 551/2001.

En Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil dous.

En nome de El Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción numero tres, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 551/2001, seguida por unha falta lesións, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Dolores Castro Carlín denunciante e como denunciados Mª Beatriz Blanco Gabeiras e Alberto González Guillén, pronunciaron a seguinte sentencia:

Dictamino que debo absolver como absolvo a Mª Beatriz Blanco Gabeiras e Alberto González Guillén, con declaración de custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ambos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, sección sexta con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Mª Beatriz Blanco Gabeiras, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no

Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, vinteseis de abril de dous mil dous.

O/a secretario

Rubricado