Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (444/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número por instancia de contra, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que desestimando a demanda promovida por María Isabel Méndez Souto contra Azos 2000, S.L. debo condenar e condeno a demandante a cantidade de 797.326 pesetas (4.792,03 euros) por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpolo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de depositar no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo en la secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso declarándose o mesmo desistido de no constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia o pronuncio, mando e asino.

Así por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Azos 2000, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, seis de maio de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA