Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (251/2000).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instacia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 251/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Procedemento: xuízo de faltas 251/2000.

En Santiago de Compostela o trece de outubro de dous mil.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Instrucción, visto e oído en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 251/2000, seguida por unha falta

de desobediencia, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, o axente da policía nacional con número de identificación 59.933 denunciante e como denunciado Miguel Ángel Varela Souto, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo condenar e condeno a Miguel Ángel Varela Souto como autor dunha falta do artigo 634 do Código penal á multa de 10 días e cota diaria de 500 ptas./día con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ambos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Miguel Ángel Varela Souto, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, vintedous de marzo de dous mil un.

O secretario

Rubricado