Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (335/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 335/2001 se acordou dicta-la seguinte cédula de citación:

«O/a xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citalo a vostede co fin de que o próximo día tres de setembro, ás once corenta e cinco horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de danos (625) e insultos, en calidade de denunciado.

Fáiselles saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, parándolle o prexuízo a que houbera lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Ramón Alonso Calvo e esposa, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o seis de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA