Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, do tribunal II-C designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 38 (perito xudicial) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio (test) e se fixa a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2002, o tribunal II-C designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 38 (perito xudicial) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou:

Anula-la pregunta número 50 do primeiro exercicio da fase de oposición, por non ser correcta a súa formulación.

Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio para a realización de segundo exercicio da fase de oposición que terá lugar o día 18 de xuño, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública sita na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, ás 9 horas.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Eduardo Suárez Campo

Presidente do tribunal II-C