Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, do tribunal II-A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2 (ATS//enfermeiro/a//practicante//DUE) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 2002, o tribunal II-A adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 54 dos cuestionarios da quenda de promoción interna e de acceso libre correspondente á categoría 2 (ATS//enfermeiro/a//practicante//DUE) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Fixa-la data do segundo exercicio da fase de oposición da categoría 2 do grupo II, que terá lugar o día 11 de xullo de 2002 ás 15 horas nas dependencias da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Mª José Pérez Dafonte

Presidenta do tribunal II-A