Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.725

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala arquitectos técnicos, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro).

En sesión celebrada o día 6 de xuño de 2002, o tribunal adoptou o seguinte acordo:

Detectados erros na pregunta número 19 do primeiro exercicio da fase de oposición que poderían condicionar de maneira importante a súa contestación e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o dito tribunal acordou declarar anulada e ter como non posta a pregunta anteriormente indicada.

Asímesmo procédese a corrixi-los erros detectados no modelo de corrección do test do primeiro exercicio, consistente en fixar como respostas correctas das preguntas número 4 e 37 as respostas b e a respectivamente, en lugar das respostas a e b que figuraban inicialmente.

Santiago de compostela, 6 de xuño de 2002.

Ricardo Valencia Hentschel

Presidente do tribunal