Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.708

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispon o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día

17-4-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña, e, da parte social, por CC.OO. e UGT, o día 12-4-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña (12-4-2002)

Asistentes:

Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.), Justo López Comba (CC.OO.), Celestino Pérez Váquez (UGT).

Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña); Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Na Coruña, sendo as 10 horas do día 12 de abril de 2002, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivos provincial de derivados do cemento, nos locais da Confederación Empresarial da Coruña, co obxecto de levar a cabo a fixación do calendario laboral para o ano 2002.

Acórdase fixar como calendario orientativo, para aquelas empresas que non teñan elaborado o seu propio calendario, o que figura como anexo.

Acórdase facultar a Celestino Pérez Vázquez para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta e do calendario do ano 2002.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 11.30 horas da data arriba indicada.