Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación da escola específica de música municipal de Mondoñedo (Lugo).

A escola de música municipal de Mondoñedo (Lugo) foi incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia por Orde do 29 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño), de acordo co previsto na Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 22 de abril).

O Concello de Mondoñedo, titular do centro, solicita o cambio de denominación desta escola específica de música.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposición vixentes para poder acceder ó solicitado e cumpridos tódolos trámites regulamentarios previstos, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación da escola específica de música municipal de Mondoñedo (Lugo), segundo os datos que figuran no anexo á presente orde.

Segundo.-O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Mondoñedo.

Localidade: Mondoñedo.

Enderezo: Ponte Pousada, s/n.

Código do centro: 270205550.

Titular: Concello de Mondoñedo.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específica: municipal O Pallarego.