Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 6 maio de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

Advertido erro de omisión do anexo II na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 96, do martes, 21 de maio de 2002, cómpre incluí-lo seguinte:

ANEXO II

Aspectos que hai que desenvolver na memoria descritiva para a solicitude de premios á innovación educativa sobre os temas transversais

1. Datos de identificación:

1.1. Título.

1.2. Ámbito de aplicación do traballo: centro/s, rúa, localidade, provincia.

1.3. Delimitación do campo de traballo: ciclo/s, curso/s, área/s, etc.

1.4. Autor/a ou coordinador/a do traballo.

1.5. Datos persoais e profesionais do profesorado que intervén no traballo.

2. Deseño:

2.1. Xustificación do traballo: no marco do proxecto curricular da etapa e da programación da aula, contexto no que xorde, cuestións ás que pretende responder, etc.

2.2. Obxectivos pretendidos: qué se experimentou, defini-la súa finalidade, etc.

2.3. Metodoloxía seguida: hipóteses formuladas, selección de variables, técnicas utilizadas, organización, etc.

2.4. Descrición polo miúdo do traballo: duración, fases, contidos, secuencias, etc.

2.5. Aspectos ou elementos avaliados e a súa incidencia na práctica docente.

2.6. No caso de participantes de varios centros, especificaranse: os mecanismos establecidos para a coordinación, intercambio de información, posta en común e avaliación conxunta.

2.7. Transferibilidade da experiencia a aulas estándares.