Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o estudio de detalle promovido pola entidade Edificaciones Ponte Mera, S.L. para o reaxuste de volumes dos predios 01, 02, 03 e 04 do polígono catastral de urbana 25729, sitos na avenida Xeneral Franco da vila de Ortigueira, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto Manuel Varela Caabeiro.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se

é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Ortigueira, 14 de maio de 2002.

Antonio Campo Fernández

Alcalde