Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Introducidas modificacións substanciais no proxecto do Plan parcial do sector RA-48-1 promovido por Construccións Clelia, S.L. en Guillar, deste municipio, aprobado inicialmente por Decreto Alcaldía do 9 de abril de 2002, en cumprimento do disposto no artigo 43 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o documento de referencia a un novo período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o que se poderán presentar alegacións a este, que deberán ser dirixidas ó alcalde deste concello.

Outeiro de Rei, 3 de xuño de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde