Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o contrato ten por obxecto a xestión do servicio público do Centro de Atención á Primeira Infancia de Oroso na modalidade de concesión administrativa.

b) Prazo de execución: 1 ano prorrogable por períodos iguais ata o máximo establecido no artigo 157 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 2 de maio de 2002. O prego de cláusulas económico-administrativas sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación, e esta licitación aprazarase no suposto de que se formulasen reclamacións contra el, no prazo de 8 días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, a teor do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

4. Subvención do concello ó concesionario.

O importe que solicite na oferta económica o adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de plicas.

Ás dezanove horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, terá lugar o acto público de apertura das proposicións económicas, constituíndose para estes efectos a mesa de contratación, que cualificará previamente os documentos presentados en tempo e forma. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar o seguinte día hábil posterior.

8. Modelo de proposición e de sobre.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15884 Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/69 16 89. Telefax: 981 69 17 86.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 3 de maio de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde