Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O pleno da corporación local, en sesión ordinaria do día 20 de maio de 2002, adoptou acordo sobre aprobación da corrección de erros nas normas subsidiarias, referido á determinación de alturas na U.G. nº 5; instado de oficio polo propio concello, ó existir contradicción entre a norma e os planos de ordenación.

Erro existente: no punto 2.3.4.1.7. da publicación do BOP de Pontevedra, de 29 de maio de 1996 número 103 que aproba definitivamente as normas subsidiarias de Moaña na descripción da U.G. nº 5, fíxase unha altura máxima de baixo e dúas plantas (9.70 metros), mentres no plano de ordenación número 2, folla 5 se grafía nesta U.G. unha altura máxima de baixo e tres plantas.

Corrección: considérase que na corrección correspondente ó punto 2.3.4.1.7. da U.G. nº 5 deberá figurar unha altura máxima de baixo e tres plantas (12,60 metros).

O que se informa publicamente por termo dun mes, contado desde a publicación deste edicto no DOG; notificando o presente acordo ós propietarios da U.G. nº 5, así como a CPTOUV.

Contra o presente acordo poderase interpor potestativamente recurso de reposición, logo do contencioso-administrativo na forma e termos dispostos na xurisdicción contencioso-administrativo.

Moaña, 27 de maio de 2002.

Javier Barreiro Tenorio

Alcalde