Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Manuel Camba Blanco a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo 1/2002.

De conformidade co disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (Aquilino Iglesia Alvariño, 1-baixo A de Lugo), notifícaselle

a Manuel Camba Blanco a Resolución do 22 de abril de 2002, do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada, identificada co expediente LU-83/080, conta 37, por non paga-las cotas mensuais da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Manuel Camba Blanco, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución situada na rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 1-baixo A correspondente ó:

Expediente: LU-83/080, conta 37, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado en que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 8.998,14 euros (1.497.165 pesetas) con data do 7 de febreiro de 2001.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se encontra incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades que debe a esa data, o dito requirimento non foi atendido.

3. A 4 de abril de 2002, a débeda ascende a 10.209,18 euros (1.698.664 pesetas), por falta de pagamento dos recibos seguintes: de 6/1990 a 4/2002.

Fundamentos de dereito:

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, artigo 17 g), de estructura orgánica deste organismo, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24

de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levada a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo delegado provincial do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación e achegando xustificante de estar ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Lugo, 22 de abril de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Adxudicatario: Manuel Camba Blanco.

Expediente: LU-83/080 (expediente de desafiuzamento 1/2002).

Conta: 37.

Enderezo: rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 1-baixo A (Lugo).

Débeda: 10.209,18 euros.