Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 9 de maio de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ó seu nome de servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturarlle ó terceiro obrigado ó pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo citados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexis-

tros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 68, do 5 de abril), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que presentar, deberán poñerse en contacto co Servicio de Facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 55 27.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ourense, 9 de maio de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

ANEXO

Nome do pacienteNome pai/nai/titor

(no caso de menores)

DNI/NIF

Bernard, Jacqueline Piluska

Blanco Fernández, Rubén44461690-E

Domínguez Pérez, José34595713-X

Fabello Babarro, Julio34971015-K

Franco Follana, Ana Isabel34960438-R

González de León, Sara34980769-T

Leiras Rodríguez, Valentina44478682-V

Magallanes García, Marcos David34899481-V

Míguez Lorenzo, Serafín34921978-C

Rivera Gutiérrez, ElizabethX2638200P

Santana, María Vanusia

Silva Larralde, Elias71512750-T

Trigo González, Silverio10016759-Y

Vinces Pérez, Belky RosmeryX3128254R