Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ó expediente de contratación da subministración, montaxe e mantemento de estacións de medición.

Para os efectos do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte expediente de contratación:

Concurso público para a subministración, montaxe e mantemento de estacións de medición mediante subministracións sucesivas.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración, montaxe e mantemento de estacións de medición mediante subministracións sucesivas.

2.2. Publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 74, do 17 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos catorce mil euros (214.000 A), IVE incluído, dividido en tres lotes.

Lote 1: subministración e montaxe das torres: cento trinta e dous mil cincocentos euros (132.500 A), IVE incluído.

Lote 2: subministración de sensores e equipos rexistradores: cincuenta e nove mil cincocentos euros (59.500 A), IVE incluído.

Lote 3: mantemento: vintedous mil euros (22.000 A)/cincocentos euros (500 A) por actuación, IVE incluído.

5. Adxudicación.

5.1. Lote 1: subministración e montaxe das torres.

a) Data: 13-5-2002.

b) Contratista: Instalaciones Eléctricas Mariño, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento dezanove mil novecentos trece euros con oitenta céntimos (119.913,80 A), IVE incluído.

5.2. Lote 2: subministración de sensores e equipos rexistradores.

a) Data: 13-5-2002.

b) Contratista: Ecotecnia, S.C.C.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cincuenta e catro mil trescentos noventa e catro euros con oitenta e dous céntimos (54.394,82 A), IVE incluído.

5.3. Lote 3: mantemento.

a) Data: 13-5-2002.

b) Contratista: Instalaciones Eléctricas Mariño, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: quince mil trescentos trinta e sete euros con noventa e seis céntimos (15.337,96 A), IVE incluído, trescentos corenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos (348,59 A), IVE incluído, por actuación.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia