Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 30 maio de 2002, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de notificación de resolución do expediente sancionador DH.D15.13211.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia foi dictada resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente ás infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontran á súa disposición nas oficinas do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito organismo.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión

do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

-Expediente número: DH.D15.13211.-Persoa interesada: Faustino Cancela Bardanca.-Domicilio que consta no expediente: r/ Río Sil, 8-2º, 15100 (Carballo).-Acto administrativo: Resolución de data 21 de marzo de 2002.-Sanción proposta: declara-la caducidade do procedemento.

Sinalarlle ó infractor un prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución para que inste o expediente de autorización para a regularización das actuacións realizadas.