Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican acordos de iniciación de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle á persoa que no anexo se menciona os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora dos expedientes a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre os contidos das iniciacións dos procedementos no prazo indicado, as iniciacións poderán ser consideradas propostas de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-los procedementos é de seis meses contados desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993-; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución, producirase a caducidade dos procedementos co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 22 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: AC-EP 165/2002.

Denunciado: Antonio Veiga de Andrés.

DNI: 32581378.

Enderezo: Redes. Ares.

Establecemento: Carballo.

Precepto infrinxido: 23 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 300,51 euros ata 30.050,61 euros.

Número expediente: AC-EP 166/2002.

Denunciado: Antonio Veiga de Andrés.

DNI: 32581378.

Enderezo: Redes. Ares.

Establecemento: Carballo.

Precepto infrinxido: 23 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 300,51 euros ata 30.050,61 euros.