En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 3 de maio de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Francisco Javier Pérez Bello, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria, na reunión celebrada o día 31 de marzo de 2002, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2002.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais