Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación Eume no termo municipal da Capela (A Coruña). (Expediente IN407A 01/423).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Antonio Mª Vázquez Villot en nome e representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con DNI nº 35970877-G e con enderezo para efectos de notificación en avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña, solicitando a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da amplia

ción da subestación Eume no termo municipal da Capela (A Coruña), resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 17 de setembro de 2001 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación, presentando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Instalación dunha nova posición de liña de 132 kV, denominada Mourela, no parque de intemperie, así como unha reforma e renovación completa da subestación 132kV/15kV, consistente na eliminación de unha das barras principais (barras A de 132 kV) e, por conseguinte na eliminación da posición de axuste; a instalación dunha nova transformación 132kV/15kV de 15 MVA; e a montaxe de novas celas de 15 kV nun edificio independente cedido por Endesa a Unión Fenosa Distribución, S.A.

A nova paramenta para instalar será:

-No parque de 132 kV: un transformador 132/15 de 15 MVA procedente da subestación de Vilar do Colo, un interruptor tripolar de SF, seis transformadores de intensidade de 132 kV (tres de relacións 100-200/1-1-1-1 A e outros tres de relacións 400-800/1-1-1-1 A), sete transformadores de tensión capacitivos (un de 30 VA e seis de 50 VA), doce autoválvulas de 132 kV e 10 kA, seis seccionadores rotativos de 2.000 A de intensidade nominal (dous con coitelas de posta a terra e catro sen coitelas de posta a terra), vintecatro illadores para amarre de conductor de embarrado de 132 kV e tres illadores de apoio tipo C8-650.

-No parque de 15 kV: unha cela de 15 kV de simple barra para posición de transformador (con protección, interruptor e enchufes para dúas ternas de cable illado), oito celas de 15 kV de simple barra para posición de liña (con interruptor e enchufes para unha terna de cable illado), unha cela de 15 kV de simple barra para protección de servicios auxiliares con fusibles e seccionador baixo carga, tres autoválvulas de 17,5 kV, cable illado de diferentes características e trinta terminais flexibles exteriores, de diferentes tipos, para cable.

-Equipos auxiliares. Cadro de distribución de baixa tensión, equipos rectificador-batería e un transformador de servicios auxiliares 15.000/400 de 160 kVA.

-Equipos de protección de liñas, transformadores e barras, e un armario UCI dual SOAL de comunicacións, monotorización e operación local.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa mencionado, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña de 7 de xaneiro de 2002, publicada no DOG do 22 de febreiro e no BOP da Coruña do 1 de febreiro.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación da subestación Eume no termo municipal da Capela (A Coruña).

Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL