Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla, Central de Portodemouros Caudal Ecolóxico, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra.

Visto o escrito presentado pola sociedade Unión Fenosa Generación, S.A., con domicilio para efectos de notificación para o presente proxecto na avenida San Luis 77, 28033 Madrid, solicitando autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución a aproveitamento hidroeléctrico no río Ulla, Central de Portodemouros Caudal Ecolóxico, no termo municipal de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, resultan os seguintes. Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 23 de abril de 2001 Augas de Galicia resolve autorizar a favor de Unión Eléctrica Fenosa, S.A. a modificación da concesión para o aproveitamento integral da conca do río Ulla, nos concellos de Arzúa, Santiso e Touro (A Coruña), Agolada, Lalín, Vila de Cruces e Silleda (Pontevedra) e Antas de Ulla e Palas de Rei (Lugo), con destino á producción de enerxía eléctrica para uso público.

Segundo.-Por Resolución do 9 de maio de 2001 de Augas de Galicia, se aproba a transferencia a favor de Unión Fenosa Generación, S.A. da concesión para el aproveitamento integral da conca do río Ulla, nos concellos de Arzúa, Santiso e Touro (A Coruña), Agolada, Lalín, Vila de Cruces e Silleda (Pontevedra) e Antas de Ulla e Palas de Rei (Lugo), con destino á producción de enerxía eléctrica para uso público.

Terceiro.-O 29 de novembro de 2001, Augas de Galicia resolve aproba-lo proxecto constructivo denominado Aproveitamento hidroeléctrico Portodemouros Caudal Ecolóxico, correspondente á concesión administrativa outorgada por Resolución do 23 de abril de 2001 antes mencionada.

Cuarto.-Con data do 20 de decembro de 2001, Unión Fenosa solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica Portodemouros Caudal Ecolóxico presentando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Quinto.-O proxecto da Central Hidroeléctrica Portodemouros Caudal Ecolóxico someteuse a información pública para os efectos previstos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa mencionado, mediante acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 21 de xaneiro de 2002, publicada no DOG do 26

de febreiro de 2002 e no BOP de Pontevedra do 5 de marzo de 2002 enviándose tamén separata do proxecto ó Concello de Vila de Cruces para o seu oportuno condicionado.

Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

Sexto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Portodemouros Caudal Ecolóxico, no río Ulla, segundo o proxecto de execución da mesma, asinado polo enxeñeiro industrial con número de colexiado 837 Fernando Fenoll Recio e visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Aproveitarase o caudal ecolóxico da central de Portodemouros mediante a conexión á tubaxe existente, destinada a grupo II da central de Portodemouros, doutra tubaxe forzada de 17 m de lonxitude que alimentará a nova turbina.

-A descarga realizarase xusto augas abaixo das ataguías de illamento da entubado de descarga dos grupos I e II.

-Caudal máximo derivado: 15.000 l/s.

-Caudal mínimo derivado: 5.000 l/s.

-Salto bruto máximo: 85 m.

-Salto neto máximo: 81,41 m.

-Salto neto nominal: 70,72 m.

-Unha turbina tipo Francis de eixe vertical cun rendemento hidráulico do 90% e unha potencia mecánica nominal no eixe de 9.457 kW.

-Un xerador síncrono de 10.880 kVA de potencia aparente e 9.792 kW eléctricos en bornes, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador de potencia de 13 MVA e relación de transformación 6/15 kV.

-Armario de servicios auxiliares desde o que se distribúe a enerxía en B.T. e C.C. ós diferentes elementos da nova instalación, sendo a alimentación da propia C.H. Portodemouros.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da empresa distribuidora.

Sétimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio,

en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar administrativamente o aproveitamento hidroeléctrico do río Ulla, Central de Portodemouros Caudal Ecolóxico, no termo municipal de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra.

Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas