Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.659

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 14 de xullo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 10 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI (orixinal) ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, sendo admitida unicamente para tales efectos polo tribunal o pasaporte ou o permiso de conducción, así como de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Isabel García Vila

Presidenta do tribunal