Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.658

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 010e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V, de conformidade co establecido na Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro).

Publicadas as resolucións dos días 28 de xaneiro de 2002 (DOG nº 28, do 7 de febreiro) e do 25 de abril de 2002 (DOG nº 87 do 7 de maio) relativas á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 010e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V, e unha vez finalizados os prazos previstos nestas e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección de persoal laboral, na sesión celebrada o día 29 de maio de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 010e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo e na base segunda da Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (DOG nº 29, do 9 de febreiro), a comisión permanente de selección de persoal laboral establece o número máximo de aspirantes admi

tidos para esta categoría en aqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 1,750 puntos. As listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Anexo III. Figuran os solicitantes que en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e na base segunda da Resolución do 26 de xaneiro do 2001 da Dirección Xeral da Función Pública non están admitidos na lista.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición destas listas definitivas, os solicitantes admitidos serán incluídos pola comisión permanente de selección na lista do grupo e categoría existentes, no lugar que lles corresponda pola orde de prelación obtido, segundo o establecido na base 6.3 da Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9 de febreiro).

Cuarto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública