Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.659

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira.

En sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 2002, o tribunal designado por Orde do 23 de abril de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de inspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 2 de xullo de 2002, na aula 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa

Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 9.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA