Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.656

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 28 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

Na sesión mantida o día 27 de maio de 2002, o tribunal V-A designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros), correspondente ó grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) e de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria

ACORDOU:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes para realiza-lo segundo exercicio da fase de oposición para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a) do grupo V,

en único chamamento, o día 29 de xuño de 2002, ás 11 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. O exame comezará unha vez finalizado o chamamento.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Para realiza-lo exercicio deberán levar lapis do nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Mª del Camino Triguero Salas

Presidenta do tribunal V-A