Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.656

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión realizada o día 23 de maio de 2002, o tribunal designado por orde da Consellería da Pre

sidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da devandita convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 28 de xuño de 2002, na aula 17 da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17.30 horas, debendo estar presentes os opositores ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Manuel González Torres

Presidente do tribunal