As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolucións da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para os programas de proxectos empresariais de investimento, reestructuración de empresas en crise, continuidade e mellora competitiva da PEME galega, emprendedores e especialización laboral prevén a publicación anual da reserva de crédito dispoñible
para cada exercicio orzamentario, unha vez aprobados os orzamentos do Igape.
Con data 29 de abril o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, publicados mediante a Lei 2/2002 (DOG nº 84, do 2 de maio).
Polo que antecede,
RESOLVO:
Facer públicas, de acordo cos importes que se citan no anexo I, as reservas de crédito que para cada programa de axuda se derivan da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
ANEXO I
Importes bases orzamento 2002
orzamentaria 2002 A
Partida
Finalidade Importe orzamento
02.01/10/01/01 Programa de investimento. Creación de empresas. Subvención a fondo perdido. 1.653.084,00 02.01/10/02/01 Programa de investimento. Ampliación e modernización de empresas. Subvención a fondo perdido. 1.357.991,00 01.02/11/01/02 Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Servicios de realización de diagnósticos ás empresas. 360.607,00 01.02/11/04/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Subvención a fondo perdido. 54.091,00 01.02/11/04/02 Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Formación e difusión. 487.332,00 01.02/11/04/03 Programa de mellora competitiva da PEME. Promoción da mellora competitiva. Estudios sectoriais e de mercado. 364.590,00 02.02/11/01/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido. 956.451,00 02.02/11/02/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Actuacións específicas. Subvención a fondo perdido. 261.961,00 02.02/11/03/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos Plan PEME. Subvención a fondo perdido. 9.778.070,00 01.02/12/03/02 Programa de emprendedores. Promoción da cultura emprendedora. Formación e difusión. 69.072,00 01.02/12/04/01 Programa de emprendedores. Centros de iniciativa empresarial. Subvención a fondo perdido. 2.433.532,00 02.02/12/01/01 Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores. Subvención a fondo perdido. 601.012,00 02.02/12/02/01 Programa de emprendedores. Novas iniciativas empresarias. Subvención a fondo perdido. 901.518,00 02.01/13/02/01 Programa de empresas en crise. Axudas de reestructuración. Subvención a fondo perdido. 270.202,00 01.02/14/01/01 Programa de especialización laboral. Promoción de mercados laborais especializados. Subvención a fondo perdido. 174.294,00
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA