Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 07 de xuño de 2002 Páx. 8.646

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 31 de maio de 2002 de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados.

A Lei 8/1999, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, modifica ou texto refundido da Lei de réxime finan

ceiro e orzamentario, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que regula a concesión de axudas e subvencións que se outorguen con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

O regulamento comunitario 1257/1999 sobre axudas ó desenvolvemento establece no seu artigo 30 que a axuda á silvicultura destinarase, entre outras accións, ás inversións efectuadas en bosques que teñan por obxecto un aumento significativo do valor económico, ecolóxico ou social destes.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 27.10º e 27.30º do Estatuto de autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais, así como para dicta-las normas adicionais sobre protección do medio natural e da paisaxe.

A Consellería de Medio Ambiente, por Decreto 14/2002, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Ordena-los montes arborizados garantindo a súa persistencia, e optimizando a súa producción mediante un aproveitamento sostible.

b) Mellorar silvicolamente as masas forestais existentes con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas autóctonas e á recuperación dos soutos de castiñeiros afectados polo lume.

c) Obter montes arborizados con produccións elevadas e de calidade que posibiliten o desenvolvemento da industria de transformación da madeira e a consolidación de aproveitamentos complementarios.

Para a aplicación do Regulamento comunitario citado e tras elaborarse o correspondente Programa Operativo Integrado de Galicia no que a silvicultura figura no eixe 3.9 é necesario publicar esta orde.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia e de acordo co disposto na Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Constitúe o obxecto desta orde o fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

-Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade das administracións centrais ou rexionais.

-Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

-Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando ó menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 3º.-Actuacións obxecto de axuda e importes de subvención.

Os importes de subvención indicados a continuación correspóndense, como máximo, co 75 % do total do importe do investimento.

1º Ordenacións.

1.1. Proxectos de ordenación de montes arborizados.

I = importe máximo subvencionable en euros.

S = ha arborizada que se vai ordenar.

I = 180.3xS.

1.2. Plans técnicos de montes arborizados.

I = importe máximo subvencionable en euros.

S = ha arborizada que se vai ordenar.

I= 90.15xS.

2º Rareos en rexenerados naturais de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 695,00 A/ha.

3º Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:

3.1. Rozas previas a realización de podas en masas de coníferas: 243,00 A/ha.

3.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2,20 m, con diámetro normal medio comprendido entre 12 e 18 cm: 280,00 A/ha.

3.3. Outros tipos de podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 3,30 m, sempre e cando se xustifique debidamente na memoria técnica: 450,00 A/ha.

4º Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas autóctonas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm, excepto soutos de castiñeiros. (Consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas autóctonas):

4.1. Rozas: 451,00 A/ha.

4.2. Poda ata 1/3 da altura como mínimo e formación de guías: 280,00 A/ha.

4.3. Selección de gromos: 420,00 A/ha.

4.4. Rareos: 360,00 A/ha.

5º Rexeneración de soutos de castiñeiros: 602,00 A/ha que se van xustificar en memoria técnica.

6º Coidados culturais en mouteiras declarados destinados á producción de semente selecta ou en parcelas instaladas con subvención da Xunta de Galicia con fins de investigación ou experimentación de novas técnicas de repoboación e/ou tratamentos silvícolas: ata 602,00 A/ha que se van xustificar en memoria técnica.

As actuacións indicadas nos puntos 2º, 3º, 4º, 5º e 6º deste artigo non poderán solicitarse sobre unha mesma superficie.

Dentro do punto 3º, terá que solicitarse obrigatoriamente a poda (3.2 ou 3.3) podéndose solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas (3.1). Non poderán solicitarse na mesma superficie a poda ata 2,20 m (3.2) e a poda ata 3.30 m (3.3).

Dentro do punto 4º, poderán solicitarse e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 901.52 A.

O IVE non é subvencionable.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, e agrupacións de titulares formadas por un mínimo de 2 membros.

As persoas físicas ou xurídicas que realicen os traballos forestais como cesionarios dun acordo cos titulares de terreos forestais poderán solicita-las axudas en calidade de representantes destes últimos, debendo acreditar documentalmente, para tal efecto, a dita representación (anexo II).

Artigo 5º.-Distribución do crédito e criterios de prioridade.

a) Distribución do crédito.

1. Ordenacións: 597.945,74 A.

2. Rareos en rexenerados naturais de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm: 2.027.816,00 A.

3. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas: 753.931,59 A.

4. Tratamentos silvícolas de consolidación de masas de frondosas autóctonas con diámetro normal medio da masa inferior a 12 cm, excepto soutos de castiñeiros: 727.933,95 A.

5. Rexeneración de soutos de castiñeiros: 727.933,95 A.

6. Coidados culturais en mouteiras declarados destinados á producción de semente selecta ou en parcelas instaladas con subvención da Xunta de Galicia con fins de investigación ou experimentación de novas técnicas de repoboación e/ou tratamentos silvícolas: 207.981,13 A.

b) Criterios de prioridade.

Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas nesta orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada un dos puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 segundo o baremo seguinte:

1º Proxectos de ordenación de montes arborizados e plans técnicos de montes arborizados: 1 punto por ha de superficie arborizada que se vai ordenar.

2º Rareos en masas de coníferas:

-Masa principal de Pinus pinaster: 1 punto por ha.

-Masa principal de Pinus radiata: 0,5 puntos/ha.

-Masa principal de outras especies: 0,25 puntos/ha.

-Densidade inicial maior de 6.000 pés/ha: 3 puntos/ha.

-Densidade inicial entre 4.000 e 6.000 pés/ha: 2 puntos/ha.

-Densidade inicial entre 2.500 e 4.000 pés/ha: 1 punto/ha.

3º Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas:

3.1. Rozas previas á realización de podas: 0 puntos/ha.

3.2. Podas ata 2,20 m: 1 punto por ha.

3.3. Podas ata 3,30 m: 1 punto por ha.

4º Tratamentos silvícolas de consolidación en masas de frondosas autóctonas (consideraranse como tales aquelas cun mínimo dun 80% de superficie ocupada por frondosas autóctonas):

4.1. Rozas: 1 punto por ha.

4.2. Poda: 2 puntos por ha.

4.3. Selección de brotes: 2 puntos por ha.

4.4. Rareos: 1 punto por ha.

5º Rexeneración de soutos de castiñeiros.

5.1. Soutos que estaban en producción afectados polo lume: 5 puntos/ha.

5.2. Soutos que estaban en producción afectados por enfermidades e/ou pragas: 3 puntos/ha.

5.3. Soutos de castiñeiros abandonados: 0,5 puntos/ha.

6º Mouteiras selectas e parcelas de experimentación: 1 punto/ha.

No caso de agrupacións, formadas por un mínimo de 2 persoas físicas ou xurídicas, sumaranse 3 puntos, por cada persoa que se agrupe, ó global de puntuación obtida nos puntos anteriores.

Para tódolos casos, de existir empate, prevalecerá o número máis alto formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do terreo.

c) Condicións do solicitante.

No caso de actuar como solicitante da axuda unha persoa distinta do titular dos terreos será de aplicación o seguinte:

Un solicitante non poderá acumular máis do 10% do total da dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 6º.-Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas.

1. Para proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados a superficie mínima arborizada que se vai ordenar, definida como aquela con fracción de cabida cuberta maior do 20%, será de 25 ha. A superficie máxima que se via ordenar será de 250 ha para plans técnicos de montes arborizados e non se fixa superficie máxima para proxectos de ordenación.

2. Para cada un dos restantes puntos do artigo 3, a superficie mínima continua de actuación será 3 ha, excepto para rexeneración de soutos de castiñeiros que terán unha superficie mínima continua de 1 ha, e excepto para mouteiras selectas e parcelas de experimentación nas que non se fixa superficie mínima.

Admitiranse solicitudes con máis dunha mouteira sempre que cada un deles supere a superficie continua de 3 ha.

A superficie máxima será de 25 ha para cada solicitude.

3. Non se admitirán agrupacións con máis dunha mouteira.

4. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos nos que o acordo de concentración sexa firme.

5. Os terreos cun proceso de expropiación iniciado non poderán beneficiarse destas axudas na parte afectada.

6. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar axudas para proxectos de ordenación ou plans técnicos de montes arborizados, se ben aqueles montes para os que se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde, si que poderán solicita-las axudas.

Artigo 7º.-Condiciones técnicas das investimentos.

1. Os proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados deberán ser redactados por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, visados polo correspondente colexio oficial e axustarse ó establecido na Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e Regulamento para a súa aplicación, así como ás ordes ministeriais do 29 de decembro de 1970 e do 29 de xullo de 1971. Nestes documentos constará o consentimento e o compromiso da propiedade do monte para executa-lo disposto no seu contido, excepto montes conveniados coa Administración.

Complementariamente observaranse os requisitos e aspectos recollidos no artigo 8 de a Orde do 22 de maio de 2000 de axudas para proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados (DOG nº 128, luns, do 3 de xullo).

A superficie que se vai ordenar deberá se-la totalidade da superficie do monte, ó menos un 25% do total da dita superficie deberá estar poboada con

especies arbóreas que teñan unha idade superior ás dúas terceiras partes da súa quenda.

Así mesmo, deberán ser aprobados pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

2. As memorias técnicas de tratamentos culturais deberán ser redactadas por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e visados polo correspondente colexio oficial.

3. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo con diámetro en punta delgada superior a 6 cm, serán triturados in situ, picados a menos de 50 cm ou ben extraídos do predio obxecto de axuda, con xustificación do seu destino para transformación industrial ou ben para leñas de uso doméstico.

4. As rozas previas ás podas en masas de coníferas soamente poderán solicitarse naqueles terreos onde a altura do mato impida a realización da poda.

Artigo 8º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes das axudas deberán ser formalizadas nos modelos formalizados ó efecto (anexo I) e facilitados polos órganos da Consellería de Medio Ambiente. As ditas solicitudes presentaranse nas oficinas desta, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente.

Os impresos, debidamente formalizados, deberán ir acompañados da seguinte documentación:

1. En xeral:

a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos e do solicitante.

b) Para coidados culturais, memoria técnica, xunto co orzamento e planos sobre mapas da última edición da CPTOPV con escala preferente 1:5.000 ou, no seu defecto, 1:10.000, visada polo colexio oficial correspondente, máis unha copia.

c) Para o caso de proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados presentarase un estudio previo visado, máis unha copia deste, do que se deduza, de maneira orientativa a futura ordenación do monte e un orzamento.

d) Nomeamento do director de obra por parte do titular dos terreos obxecto de subvención, excepto ordenacións, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento.

e) Planimetría xeorreferenciada en ficheiro DXF:

A planimetría do proxecto ou memoria técnica presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ó datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estructurado da seguinte maneira, excepto no caso de proxectos de ordenación ou plans técnicos que se presentarán xunto coa notificación de remate dos traballos, segundo o disposto no artigo 10º punto 8 desta orde:

Elementos do planoNivel ou capaColor

Límite de monte1Azul
Límite de mouteiras de actuación2Vermello
Pistas existentes3Verde
Devasas existentes4Amarelo
Puntos de auga existentes5Negro
Especies existentes na mouteira (texto)6Negro

f) Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ó abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou de outros entes públicos.

2. Para todo tipo de titulares de terreos forestais, excepto comunidades de montes veciñais en man común:

2.1. No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da propiedade. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e localización destas. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios, ademais presentarase documento privado no que se acredite o consentimento de tódolos codonos e a designación do solicitante-representante.

2.2. No caso de ser arrendatario: fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento.

3. Para comunidades de montes veciñais en man común:

3.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería de Medio Ambiente, para a execución das accións obxecto da solicitude.

4. Documentación complementaria.

4.1. Para outras entidades con personalidade xurídica (SAT, SA, SL, SCL, ...):

4.1.1. Documentación acreditativa de constitución.

4.1.2. Copia do IAE actualizado.

4.2. Para agrupacións forestais:

4.2.1. Modelo constitutivo segundo o anexo III.

4.2.2. No caso de que o solicitante sexa a propia agrupación forestal: a agrupación deberá estar legalmente constituída e presenta-lo CIF acreditativo desta.

4.3. Para solicitudes de rexeneración de soutos de castiñeiros afectados polo lume ou por pragas e/ou enfermidades que antes estaban en producción: facturas de venda de castaña emitidas polo titular ou documento oficial que acredite que antes estaba en producción.

5. Documentación adicional.

5.1. No caso de haber unha persoa física ou xurídica distinta do titular dos terreos que actúa como representante deste, será necesario un acordo de cesión entre ambas partes (anexo II), excepto no caso de agrupacións forestais onde será suficiente con formaliza-lo anexo III correspondente. Esta fórmula non se permite para proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados.

5.2. Se é o caso, documento xustificativo do destino dos restos de tratamento silvícola, asinado polo destinatario.

Artigo 9º.-Prazos.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación no DOG desta orde e finalizará transcorrido un mes desde a dita data.

Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

Cada titular poderá pedir axuda en cada solicitude para un só punto do artigo 3º.

Un titular poderá presentar un máximo de 2 solicitudes e estas non poderán referirse a un mesmo apartado do punto 3.

Artigo 10º.-Tramitación.

1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a documentación desta e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ó solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que se así non o fixera, teráselle por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

2. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, logo de proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que pola súa vez tramitará as propostas dos servicios de montes e industrias forestais. A resolución efectuarase tendo en conta a orde de prioridades desta orde e en réxime de concorrencia competitiva axustándose ós principios de concorrencia, transparencia e igualdade.

3. A Consellería de Medio Ambiente comunicará no prazo de 6 meses, a aprobación e contía das axudas ou a denegación razoada da solicitude.

4. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de 6 meses a partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender desestimada a solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. As ditas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo.

Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ó da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia no prazo de dous meses se a resolución fora expresa ou seis desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Na resolución indicarase o prazo para a realización dos traballos que con carácter xeral non será inferior a 6 meses.

Excepcionalmente, poderá acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados tódolos medios a disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999.

5. Realizarase unha inspección no campo por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, para verifica-las superficies, comproba-los datos da solicitude e comproba-la viabilidade dos traballos.

6. A modificación do investimento deberá ser xustificada e esixirá autorización previa da Consellería de Medio Ambiente por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais logo de proposta dos servicios de montes e industrias forestais, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

7. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, en caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Poderán admitirse certificacións parciais, a petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 A.

As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de 6 meses e serán propostas polos servicios de montes e industrias forestais, ó director xeral de Montes e Industrias Forestais quen elevará proposta ó conselleiro de Medio Ambiente que resolverá.

8. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

-Xustificantes de gasto, ben facturas ou ben certificacións de obra con relación valorada asinada polo director de obra, polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

-Certificación bancaria a nome do solicitante.

-Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social.

-Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente formalizado.

-Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente formalizado.

-Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.

-Aval bancario no caso de pagamento parcial no caso de axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 A, que deberá axustarse ó regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas.

Ademais para proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados presentarase:

-Proxecto ou plan técnico.

-Dúas copias destes.

-Consentimento expreso e o compromiso para o cumprimento do disposto no proxecto da propiedade do monte ou da asemblea xeral no caso de C.M.V.M.C., excepto montes conveniados coa Administración.

-Só para proxectos de ordenación ou plans técnicos: entregarase en soporte informático a información destes segundo as instruccións para a estructura e codificación dos plans de xestión forestal que se lles facilitarán ós beneficiarios destes na Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Artigo 11º.-Comprobacións.

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectua-la entidade concedente e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto no artigo 78.4º d) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do réxime xeral e orzamentario de Galicia, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 12º.-Revogacións.

1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Execución de menos do 80% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

b) Sobrepasa-los prazos de execución concedidos.

c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destina-las axudas a fins distintos ós sinalados na solicitude.

e) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora devengados desde o seu pagamento, sen prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecida.

Artigo 13º.-Financiamento.

As accións previstas nesta orde financiaranse de maneira bianualizada por parte da Consellería de Medio Ambiente con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614C.770.0, no ano 2002 cunha dotación inicial de 2.103.542,37 euros, e no ano 2003 cunha dotación inicial de 2.940.000 euros, dotacións que poderán ser ampliadas con fondos propios ou comunitarios.

Artigo 14º.-Alteración de condicións.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas concedidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias.

Segunda.-No suposto de que as accións previstas nesta orde non precisen para ser cubertas na súa totalidade o importe total máximo consignado inicialmente para estas, os remanentes de crédito poderán ser utilizados en atender outros proxectos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolver esta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente