Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO sobre obras nas rúas Manuel Rodríguez Sinde e San Bernardo.

Por resolución da Alcaldía do 23 de maio de 2002 foi aprobado o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que han de rexer no concurso por procedemento aberto das obras de saneamento e abastecemento das rúas Manuel Rodríguez Sinde e San Bernardo, o cal se expón ó público xunto co proxecto polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen alegacións contra o prego de condicións ou proxecto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pleno do Concello da Guarda.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: saneamento e abastecemento das rúas Manuel Rodríguez Sinde e San Bernardo.

Lugar de execución: rúas Manuel Rodríguez Sinde e San Bernardo.

Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 73.697,49 euros.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: base 4 do prego.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do Concello da Guarda.

Domicilio: praza do Reló.

Data límite para solicitar información: 26 días naturais contados desde a publicación do edicto de licitación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: 26 días naturais contados desde a súa publicación no DOG.

Documentación: cláusula 12 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello da Guarda.

8. Apertura ofertas

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló.

Data e hora: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas na sala de plenos do concello.

9. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 24 de maio de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde