Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria realizada o día 21-3-2002, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle dos soares números 152 e 154 da avda. de

Vilaboa promovido pola sociedade Enzo Iria, S.L. e redactado pola arquitecta Carlota Robelo Pardo co obxecto de ordena-la edificabilidade das parcelas e defini-la aliñación na rúa de conexión entre a avda. de Vilaboa e a avda. da Corveira, establecendo unha modificación ó documento inicialmente aprobado consistente en que a construcción baixo rasante non poderá invadi-la aliñación oficial.

2. Proceder á publicación do acordo aprobatorio no BOP e no DOG e o seu traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda xunto con dous exemplares do documento aprobado debidamente dilixenciados e copia autenticada do expediente administrativo tramitado.

3. Determinar que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestivamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da notificación deste acordo.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa en tanto non se dicte resolución deste, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado este.

Todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46.1º da Lei da XCA.

Culleredo, 26 de marzo de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo