Por resolución da Alcaldía do 23 de maio de 2002 foi aprobado o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que han de rexer no concurso por procedemento aberto das obras de saneamento e abastecemento da rúa Vicenta Rodríguez Cachada, o cal se expón ó público xunto co proxecto polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase concurso aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen alegacións contra o prego de condicións ou proxecto.
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Pleno do Concello da Guarda.
Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: saneamento e abastecemento da rúa Vicenta Rodríguez Cachada.
Lugar de execución: rúa Vicenta Rodríguez Cachada.
Prazo de execución: punto 3 do prego de cláusulas administrativas.
3. Tramitación, procedemento e forma.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento base: 86.558,68 euros.
Criterios de selección para a adxudicación da obra: base 4 do prego.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación.
Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: rexistro xeral do Concello da Guarda.
Domicilio: praza do Reló.
Data límite para solicitar información: 26 días naturais contados desde a publicación do edicto de licitación no DOG.
7. Presentación de ofertas.
Prazo: 26 días naturais contados desde a súa publicación no DOG.
Documentación: cláusula 12 do prego.
Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello da Guarda.
8. Apertura ofertas.
Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló.
Data e hora: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas na sala de plenos do concello.
9. Gastos anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
A Guarda, 24 de maio de 2002.
José Luis Alonso Riego
Alcalde