Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia nº 2002-04-761.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato plurianual é o desenvolvemento do programa IDIPYME (Programa de Fomento da I+D+I en PYMES) que ten como finalidade prestar servicios de titoría, formación e asesoramento a un grupo de empresas que non contan con experiencia suficiente na xestión da I+D+I pero que mostran interese en iniciarse neste tipo de actividades.

A metodoloxía que se propoña deberá cubri-las fases que se detallan no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: o traballo obxecto deste contrato realizarase por fases sendo os prazos de execución os seguintes:

Os traballos obxecto do contrato deberán estar concluídos antes do 30 de xuño de 2004, coa distribución en fases que se establece na táboa adxunta.

Durante a execución do proxecto deberán iniciarse dúas roldas de captación de novas ideas (fase 1) coas súas correspondentes fases 2, 3 e 4. A fase 5 executarase durante toda a duración do proxecto xa que afecta tanto ás ideas captadas durante as novas roldas como ás ideas detectadas durante a edición de 2001 que non teñan completado o proceso de posta en marcha dos seus proxectos de I+D+I.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: orzamento máximo ascende a 160.000 A dos que 40.000 A corresponden á anualidade do ano 2002, 80.000 A á anualidade do ano 2003 e 40.000 A á anualidade de 2004 que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A640.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

5. Garantía provisional.

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a tres mil douscentos euros (3.200 A).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Inves

tigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio, correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA