Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.567

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (67/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 67/2002, por instancia de Francisco José Castaño Filgueira e outros contra Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., e outras sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 29-4-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a falta de lexitimación pasiva de Telefónica de España, S.A. e de Eduardo Dacasa Blanco, declaro a improcedencia do despedimento de Francisco José Castaño Filgueira e Ángel José Buján Otero, e condeno á empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L., a que á súa elección, que debe efectuarse no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 1.107,75 euros a Francisco José Castaño Filgueira, e 681,42 euros a Ángel José Buján Otero, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 3.486,31 euros a cada un dos demandantes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 67-2002 do Banco de

Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a empresa Ingeniería de Sistemas y Telecomunicaciones Hispania 2000, S.L. e Eduardo Dacasa Blanco, expido e asino esta cédula na Coruña, 29 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA