Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (508/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 508/2001, seguidos por instancia de Manuel Ambite Seijido contra INSS e outro sobre invalidez, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Milagritos Belso Sempere, dictou sentencia, na data 17-4-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Dispoño que debo aclara-la sentencia dictada nas presentes actuacións no sentido de que a decisión xudicial quedará redactada do seguinte teor:

«Que estimando en parte a demanda interposta por Manuel Ambite Seijido, contra o Instituto Nacional da Seguridad Social e a empresa Alcatel Standard Eléctrica, S.A., debo declarar e declaro que o dito demandante se atopa en situación de invalidez permanente total, condenando ó INSS a un novo cálculo da base reguladora conforme o feito probado quinto, condenando ó INSS e Alcatel Standard Eléctrica, S.A.

a estar e pasar por tal declaración, declarando expresamente a responsabilidade da empresa Alcatel Standard Eléctrica, S.A. en canto á diferencia de base reguladora, quen deberá face-lo pagamento do capital custo no correspondente servicio común da Seguridad Social sen prexuízo do anticipo da prestación por parte do INSS.

Así por este auto acordouno e asinouno a Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número un da Coruña».

E para que lle sirva de notificación a Alcatel Standard Eléctrica, S.A., que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono de Sabón, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 17 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado