Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE TUI

EDICTO (320/2001).

Eu, Francisco Javier Vaquer Martín, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Tui.

Fago saber que neste xulgado e co nº 320/2001 se segue por instancia de María Isabel Vicente Lomba, María Olimpia Peláez Rodríguez, María Margarita Rodríguez González, expediente para a declaración de falecemento dos seguintes:

-José Manuel Vicente Gómez, natural da Guarda (Pontevedra), veciño desta mesma localidade, nacido o 27 de maio de 1951.

-Antonio Gómez Rodríguez, natural e veciño de Oia (Pontevedra), nacido o 11 de outubro de 1959.

-Joaquín Cividanes Franco, natural e veciño da Guarda (Pontevedra), nacido o 30 de abril de 1958.

Todos eles embarcaron o día 8 de xaneiro de 2001, no pesqueiro denominado Fátima, non téndose deles máis noticias desde que o pesqueiro o 11 de xaneiro recibiu fortes golpes de mar, e os devanditos tripulantes caeron ó mar, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelos en coñecemento do xulgado e seren oídos.

Dado en Tui o cinco de febreiro de dous mil dous.

O xuíz O secretario

Rubricado