Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (149/2002).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vigo.

Xuízo: procedemento ordinario 149/2002.

Parte demandante: Sirvent, S.L.

Parte demandada: José Alonso Cores e outros.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto emprázase a José Alonso Cores, Sesita Vecoña Otero e Elisardo Alonso Vecoña con fin de que no prazo de vinte días hábiles, computado desde o seguinte ó da localización, comparezan no xuízo expresado para contesta-la demanda, na que firguran como parte demandada, baixo apercibimento de que se non comparecen serán declarados en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, agás a da resolución que poña fin ó proceso (artigos 496 e 497 da Lei 1/2000, de axuizamento civil -LAC-). A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigos 23 e 31 da LAC). Debe comunicar a este tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante o tribunal calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5º)

parágrafo primeiro da LAC).

En Vigo o quince de abril de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado