Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.566

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, do tribunal IV-E designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, convocadas pola Orde do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto), pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría 16-IV.

En sesión do día 4 de xuño de 2002, o tribunal IV-E, adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 20 do cuestionario de acceso libre correspondente á categoría 16 do grupo IV do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal IV-E