Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 30 de maio de 2002, do tribunal IV-F designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á cateroría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) e categoría 36 (axuliar de museos) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e do tribunal V-D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 10E (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se anula unha pregunta do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría IV-35 e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

Na sesión do día trinta de maio, o tribunal IV-F e V-D adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 19 do cuestionario de acceso libre, correspondente á categoría 35 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Así mesmo, anúnciase a convocatoria para a realización do segundo exercicio da fase oposición que se realizará o día 6 de xullo de 2002 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, situ en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, en chamamento único nas tres categorías.

Para a categoría 10E (vixilantes de arquivos, bibliotecas e museos), a realización do exercicio comezará ás 9.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realizacion ás 9 horas.

Para a categoría 36 (auxiliar de museos), a realización do exercicio comezará ás 13 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 12.30 horas.

Para a categoría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas), a realización do exercicio comezará ás 17.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realizacion ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis nº 2, bolígrafo e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez,

Presidente do Tribunal IV-F e V-D