Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.564

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 23 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arqueólogos, convocado pola Orden do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 9 de xullo de 2002, na EGAP, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Mª Jesús Tallón Nieto

Presidenta do Tribunal