Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.561

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 30 de maio de 2002 pola que se modifica a do 18 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 18 de febreiro de 2002 (DOG nº 42, do 27 de febreiro), da Consellería de Familia e Pro

moción do Emprego, Muller e Xuventude, regula as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre.

Na súa exposición de motivos establécese que a súa convocatoria se axusta ó establecido no Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o exercicio 2002.

No seu artigo 2 disponse que as subvencións se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.482.0 cunha contía de 33.657 euros, sen prexuízo da posible ampliación futura do crédito unha vez aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, ampliación que, de producirse, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 2 de maio de 2002 publicouse a Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, consignándose na aplicación referida crédito por importe de 67.313 euros, destinado a axudas escolas de tempo libre, polo que se considera axeitado modifica-la orde de axudas no que respecta á contía, que resulta incrementada ata a cantidade de 67.313 euros.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifica-lo derradeiro parágrafo da exposición de motivos da orde do 18 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre e se procede á súa convocatoria, quedando a nova redacción na forma seguinte:

«A presente convocatoria axústase ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que o desenvolve, en concreto no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións e polo establecido na Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002».

Artigo 2º

Modifica-lo artigo 2º da orde, que pasa a te-la seguinte redacción:

«A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude financiará as anteditas subvencións con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.482.0 dos orzamentos xerais da Comu

nidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cunha contía máxima de 67.313 euros».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude