Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de intervención número 5 (UI-5) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica, (PE-1) promovido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

De conformidad co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 93, do día 24 de abril de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo