Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do 27 de marzo de 2002 aprobáronse as bases para a provisión das seguintes prazas incluídas no oferta de emprego público de 2001.

Funcionario de carreira:

-Dúas prazas de cabos da policía local.

-Dúas prazas de gardas da policía local.

-Unha praza de oficial fontaneiro.

No BOP número 73 do 17 de abril de 2002 e taboleiro de anuncios do concello publícanse integramente as bases e programas das convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio das convocatorias no Boletín Oficial del Estado

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no BOP e taboleiro de anuncios do concello.

Sanxenxo, 19 de abril de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde