Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 19 de febreiro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono 1 do Plan parcial de ordenación do SUP-2 de Cornes, redactado por Bano Real, S.A., así como sistema de actuación o de cooperación.

A aprobación do proxecto de delimitación determina automaticamente o inicio do expediente de reparcelación e a posibilidade por parte dos propietarios que representen alomenos o 25% da superficie do polígono de presenta-lo proxecto de reparcelación dentro dos 3 meses do inicio do expediente de reparcelación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo