Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 13 de maio de 2002, acordou aprobar inicialmente a valoración realizada pola Sociedade de Tasaciones Inmobiliarias, S.A. (Tinsa) e a súa reducción a metálico do 10% do aproveitamento urbanístico que lle corresponde a este concello, segundo o convenio número 14 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en terreo sito en Lourido e propiedade de Distribuciones Froiz, S.A.

Polo que, de conformidade co disposto nos artigos 173 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e o artigo 133 en relación co 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a exposición pública o expediente durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo, durante o dito prazo, examinarse o dito documento no Servicio Municipal de Urbanismo e presentarse as alegacións correspondentes.

Poio, 21 de maio de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde