Obxecto: execución de obras de acondicionamento e mellora de accesos a núcleos en Cela e Santa Mariña.
Orzamento: 34.137,50 euros.
Prazo de execución: 6 meses contados a partir da acta de comprobación de replanteo.
Fianza provisional: 682,75 euros.
Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.
Información: na secretaría do concello.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.
Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Outeiro de Rei, 30 de abril de 2002.
José Pardo Lombao
Alcalde