Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo de referencia procedemento ordinario 402/2001, interposto pola Comunidade de Montes do Viso (concello de Redondela).

Con data do 12 de abril de 2002 o presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo, providencia do día 20 de marzo de 2002, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo de referencia procedemento ordinario nº 402/2001, interposto pola Comunidade de Montes do Viso do concello de Redondela contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de data 30 de maio de 2001, pola que se resolve a clasificación como veciñais en man común dos montes das parroquias de Cesantes e O Viso do concello de Redondela.

De conformidade co disposto nos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, esta presidencia acordou a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e compareceren en forma nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo, no prazo de nove días.

Pontevedra, 16 de abril de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

e presidente do xurado